Páxina 20

O RONSEL DO PAROLEIRO

DÚAS POTENTES PATEADAS

Hai moitas clases de alumnos...e alumnas. Pero imos clasificalos en dúas: os que fan deporte e os que non o fan. Nesta categoría hai varias subclases: os que non fan deporte porque están chapando seguido, os que non fan deporte porque cansa, os que non fan deporte porque están unidos a un ordenador, os que non fan deporte porque non fan nada, etc, etc,... O caso é que convén, e moito, mover os músculos.

A cuestión é empezar por algo. Unha actividade suave e que non require moito esforzo é andar. Incluso se pode facer en familia, así que imos propor dúas actividades fáciles, que incluso se poden facer cos papás e as mamás.

1ª proposta —>  O Belelle:

É coñecido por case todos o chiringuito do Belelle. Pero desde alí podemos empezar unha interesante aventura que nos levará a coñecer unha fraga e a famosa fervenza do Belelle (así tamén lle damos gusto ao cerebro). Hai un pequeno embalse ao que se vai por o único camiño que hai cerca do bar. Por alí buscamos un canal que sae da parte esquerda. Vai alguén perdido? Ben, agora continuamos pola parediña dese canal. Non imos dicir canto. É unha sorpresa. Pero todo o que empeza acaba e ao canal pásalle o mesmo: acaba. Un pouquiño antes dese final sae un camiño cara abaixo. Pois veña, a baixar. Non vos contamos máis, que tamén tedes que explorar pola vosa conta.

Para completar sen presas toda a ruta contade ben cunhas 3 horas entre a ida e a volta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sendeirismo (1)