Cuadro de texto: III EDICIÓN DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Páxina 8

Cuadro de texto: OS NOSOS BLOGS

O RONSEL DO PAROLEIRO

Cuadro de texto: Cuadro de texto: PROXECTOS INTERNACIONAIS DO IES DE FENE

 

           Este ano foi moi produtivo, fixemos varias actividades de carácter internacional.

           A primeira foi o xa clásico intercambio entre o noso instituto e o Liceo " Carlo Scarpa" de San Doná di Piave. Nós viaxamos en outubro e eles visitáronnos en febreiro para o Antroido. Sempre é unha actividade moi interesante e divertida. Ademais de participar nas clases e actividades didácticas fixemos excursións de carácter lúdico e turístico: paseo pola xa clásica Venecia, escapada a Trieste, lección de historia na Arena de Verona e percura de Galileo en Padova, por exemplo. Cheos de comer todo tipo de pasta voltamos a Galicia nunha madrugada de outono.

           Os nosos colegas viñeron no inverno galego, este ano bastante chuvioso... Participaron no noso Antroido, disfrazáronse e comeron orellas e freixós. Visitaron A Coruña, Santiago, Ferrol e ata fixeron un pequeno tramo do camiño de Santiago.

           Marcháronse un mércores de cinsa, plagado de choros e lamentos no aeroporto de Alvedro. Para mostra da nosa amizade tedes as seguintes fotos:

 

 

                                                                

Verona