Recepción no Concello de San Doná di Piave

 

 

           Outra das actividades do noso equipo é o proxecto Comenius "DEVHARS", que trata de pór en contacto aos alumnos e profesores do xa coñecido Liceo "Carlo Scarpa", do Lycée "Mahatma Gandhi" da illa Reunión, do Lyceum "Het Rijnlands" de Sassenheim e do noso a través dos portos cos que están en contacto: Venecia, Reunión, Rotterdam e Ferrol. O noso obxectivo xeral é estudar o funcionamento e historia dos nosos portos e ver como inflúen na sociedade.

           Ademais do traballo nas aulas, este proxecto promociona a movilidade de profesores e alumnos, de feito este ano fixemos dúas viaxes: unha á illa Reunión e outra a Venecia. Na primeira só participamos profesores, pero na segunda levamos dous alumnos: Roi Gándara de 3º de ESO e María Menaya de 4º de ESO. Nestas reunións o profesores e alumnos dos catro centro traballamos xuntos. Isto contribúe a fomentar os lazos de unión entre os centros e os seus sistemas de estudo. A financiación corre a cargo da Axencia Nacional Sócrates da Comisión Europea.

 

 

Nº 10

Páxina 9