Nº 10 |
Páxina 13 |
MÁIS DE NOVENTA OUTONOS
Con máis de noventa outonos chora a vella, semella un gran lirio a súa branca cabeza, coma unha flor murcha abre a reixa. Que paseniño camiña a pobre vella!
Mira sen ver as follas caídas e vellas do novo outono que agora comeza. Sóbese no coche que de alí a alonxa, mentres que anguria unha congoxa.
Xa non voltará aos seus campos nin á súa aldea. Xa non voltará máis á súa vida aquela. Xa chegou o outono para ela.
Pero mantén a esperanza a pobre vella Que soña que voa cara á súa aldea E mentres tanto o outono chora por ela. Ana Armenteros |