Nº 10 |
Páxina 27 |
UNHA NOVA VIAXE A PORTO |
A Equipa de Normalización Lingüística de Ferrolterra, na que está integrada o noso instituto, organizou un ano máis a tradicional viaxe a Porto e arredores, que se fai para que o alumnado poida contactar en directo coa nosa lingua irmá en plena normalización.
E un ano máis, como os anteriores, podemos cualificar esta viaxe de moi positiva xa que, ademais de produtiva, foi divertida.
Cabe salientar que, como vedes na foto, a maioría do alumnado era do noso centro de ensino (concretamente de 2º de Bacharelato), o que fai que aínda nos guste máis a actividade.
O ano que vén tocaralle aos que este ano estaban en 1º de Bacharelato. Animaranse en masa como este curso? |