Nº 10 |
Páxina 21 |
Sendeirismo (2) |
2ª proposta —> Doniños, San Xurxo e Cabo Prior.
Esta xa é un pouco máis lonxe: hai que cruzar as Pías!! No verán soe haber autobuses desde Ferrol para as praias, así que non debería haber moito problema para facela. O maior obstáculo é pasar cerca do Odeón e non quedarse alí. Unha vez en Doniños sempre se agradece un paseo pola praia e contemplar a lagoa. A ruta comeza na parte dereita, entre o piñeiral e o mar. A cuestión é ir buscando camiños próximos ao cantil. Andando, andando chegaredes a San Xurxo e se vos quedan forzas hai que subir a Cabo Prior. Prometemos vistas espectaculares!!!! Ida e volta, este “paseo” pódevos levar unhas 6 horas. A non ser que aproveitedes o xa mencionado servizo de autobuses para só facer a ida.
Para ter unha idea do que ides ver recoméndamos buscar fotos destes lugares en http://www.flickr.com/. E por último, uns útiles consellos: - Levade calzado cómodo: nada de tacóns, nin de zapatillas deportivas que parecen balsas inflables. Atade ben os cordóns ou suxeitade os velcros correctamente. - Levade roupa axeitada: se é día de praia non fai falta o chuvasqueiro, ides vivir unha aventura pero tampouco vos creades Jesús Calleja. - O anterior tamén se pode aplicar á bebida e á comida: auga e un bocata son máis que suficientes. Esquecédevos de bebidas para deportistas e barras enerxéticas. - Respectade o contorno, que os seguintes camiñantes atopen todo polo menos igual que o encontráchedes vós. Por favor, non fagades ruído. Non ides mellorar o son do vento na fraga, nin o do bater do mar contra as penas.
Veña, a andar e a desfrutar. |