Páxina 4

Cuadro de texto:

O RONSEL DO PAROLEIRO

CATEGORÍA 3º - 4º ESO

 

Ana Armenteros, 3ºESO

 

                      O meu amigo Alberte e máis eu estabamos a facer o Camiño Inglés e xa chegaramos a Sigüeiro. Para seguir, tiñamos que adentrarnos nun bosque cheo de mámoas e, antes de que nos dera tempo a entrar, apareceu unha señora ao noso carón e contounos que, se pasabamos por ese lugar, desapareceriamos como desapareceron outros antes que nós e o único rastro que deixariamos serían as nosas mochilas. Nós comezamos a rirnos dela ignorándoa completamente e continuamos o noso rumbo sen ser conscientes do que nos ía ocorrer.

 

           Ao pouco tempo de estar no bosque dinme conta de que Alberte xa non estaba.

          

           Estou confuso, non sei que pasa e arrepíntome de non escoitar a aquela muller. Agora, mentres escribo as miñas últimas palabras, noto unha presenza axexándome.

 

           Se alguén está lendo isto o único que podo dicirlle é… fuxe!!