Nº 10

Páxina 5

Cuadro de texto:

 

 

 

 

 

 

 

 

Ana Montes, 3º ESO

 

 

           Ultimamente fálase moito de Santiago, das peregrinacións. O camiño máis común nesta zona  é o Camiño Inglés, que pasa pola miña parroquia, Aríns.

 

           Dise que nesta parroquia, hai moitos anos, os peregrinos que facían o Camiño Inglés pasaban unha semana aquí e sempre realizaban un rexistro en todo o pobo para encontrar algo que explicara a desaparición do peregrino chamado Martiño.

          

           Nunca encontraron nada, ata que nun dos habituais rexistros, un home encontrou un manuscrito que explicaba o acontecido:

 

           Resulta que Martiño chegou a Aríns de noite, e pediu aloxamento nunha casiña ao lado do mar. Pola mañá dirixiuse cara a igrexa porque quería confesar os seus pecados antes de chegar á catedral.

 

           Cando pasaba por diante da praia, un home raptouno e díxolle que tiña que pagar polos seus pecados. Tapoulle a cara cunha bolsa, atouno de pes e mans e tirouno ao fondo do mar. Despois, o seu agresor colgouse polo pescozo dunha árbore e deixou escrito un libro no que o explicaba todo.