Páxina 10

O RONSEL DO PAROLEIRO

PROXECTO EUROPEO COMENIUSD E V H A R S(DEVELOPMENT OF HARBOURS)

   CENTROS PARTICIPANTES:

   I.T. CARLO SCARPA    San Donà di Piave -  Italia

   LYCEE MAHATMA GANDHI   Îlle de la Reunion – Francia

   RIJNLANDS LYCEUM    Sassenheim – Holanda

   IES DE FENE

   Estamos embarcados, e nunca mellor dito, nun proxecto común con outros tres centros escolares para estudiar o desenvolvemento dos nosos portos –no noso caso o porto de Ferrol.

   Ao longo do curso investigamos, buscamos e compartimos información e tamén “subimos” o resultado do noso traballo á plataforma virtual www.etwinning.net. Neste espazo poderás atopar traballos que tratan os nosos respectivos portos desde diferentes perspectivas: historia, xeografía, economía, medioambiente, cultura, etc.

   XUNTANZA EN SAN DONÀ DI PIAVE

 

   No pasado mes de Abril celebramos unha xuntanza no I.T. CARLO SCARPA  en  San Donà di Piave. Alí fomos representados por dous profesores – Beatriz Botas e Juan Pablo Patiño- e dous alumnos –María Menaya e Roi Gándara. Coñecimos a outros profesores e alumnos dos outros centros (non vai ser todo contacto virtual), compartimos traballos, descubrimos outras culturas e amosamos un pouquiño da nosa.

 

 No instituto Carlo Scarpa traballamos para poñer en común os nosos

coñecementos e presentalos diante

dunha audiencia internacional

 Roi e María explican en inglés algunhas

características do porto de Ferrol e da nosa comarca