Páxina 6 |
O RONSEL |
Temos entendido que para o ano vas ir destinado a Jaén. Gústache a idea?
Non coñezo Andalucía, en realidade, e esa é unha das razóns polas que quería ir a Andalucía, pero preferiría quedarme aquí.
Que visitaches mentres estiveches traballando en Fene? Mentres estiven traballado en Fene visitei moitas cousas, moitas cidades de Galicia. Coñezo todas as provincias de Galicia agora e fun a Lugo, a Pontevedra, e a Ourense... Comín moitas cousas..., probei por primeira vez a orella do porco en Ourense, por exemplo. Gustoume moito e... estivo ben, eh! Visitei outros lugares de España tamén, estando aquí, en Fene e..., me gusta, en realidade. Fixen moitos amigos...
Notaches moita diferenza entre a xente galega e a norteamericana?
Si, hai moita diferenza, moita, moita..., esa é unha das razóns que me fixeron decidir quedarme un ano máis aquí, porque me gusta moito a xente galega. Espero que a xente de Andalucía sexa o mesmo.
E por último, define cunha soa palabra a túa estancia no noso instituto.
Auténtica! |