Nº 11 |
Páxina 7 |
Un curso máis, o comité ambiental do IES de Fene traballou para mellorar a calidade ambiental e a sostibilidade do centro e o seu entorno. Este ano o comité estivo formado por sete profesores e trinta e dous alumnos dos diferentes cursos.
O obxectivo primordial da A21EG foi “o reto é a acción para o cambio individual e colectivo” e por iso, procuramos mellorar a xestión dos recursos no centro, mediante o fomento de prácticas de consumo responsable: introdución de cambios de hábitos do alumnado, do profesorado e do personal non docente.
|