Nº 11

Páxina 9

Cuadro de texto:

Tamén festexamos o día da árbore plantando castiñeiros na finca anexa ao instituto. A pesar da calor, o alumnado da A21EG puxo todo o seu empeño e, incluso ao rematar, algúns grupos aproveitaron para darlle nome ás súas árbores. Nesta ocasión contamos coa colaboración do alumnado de 1º de Bacharelato A.

         Por outra banda, convocouse o concurso da Aula sostible  en toda a E.S.O. Cinco membros do comité avaliaron as aulas en diferentes horas e días, de xeito que os alumnos debían procurar  mantela sempre limpa e aforrar o consumo da enerxía. A aula máis sostible gaña unha saída extraescolar relacionada co medio ambiente.

         Finalmente, e por iso non menos importante, hai que recordar a recollida do papel e do cartón; así como a separación selectiva de residuos. Feito novidoso foi a reciclaxe do aceite de fritura, colocando un bidón para que toda a comunidade educativa puidese depositalo nel.