Andrea Sabio, 1º ESO A O ollo esquerdo de Fernando Vázquez Fernando Vázquez era un mozo duns trinta e dous anos. Vivía só, nunha casa á beira da ría, en Maniños. Era de pel máis ben branca. Co pelo rubio e os ollos marróns chocolate. Un día foino visitar un amigo que vivía, en Magalofes. Este sorprendeuse ao ver que, ao seu amigo, lle crecera o ollo esquerdo e que agora ocupaba un lugar na cara máis grande do que lle correspondía. Preocupado de que Fernando se alterase, ao saber o que lle estaba a pasar na cara, mantivo a boca calada mentres recordaban os tempos do instituto. Á mañá seguinte, Fernando, foi dar un paseo pola Ribeira. Alí encontrouse cun home alto, forte e coa cara chea de arrugas. E, como lle pasara ao seu amigo o día anterior, sorprendeulle o gran tamaño, sobrenatural, do seu ollo. Pero coma fixera o outro o día anterior, calou e foi andando coma se nada pasara, só, que este fíxoo por non parecer indiscreto. Así pasaron os días ata que un neno, de non máis de nove anos, quedou mirándoo á cara. Fernando inquedo pola incesante mirada do neno, escondeuse nunha tenda de espellos. Mirouse nun espello, e o que viu lle pareceu do máis normal do mundo. A súa cara era coma sempre: boca pequena, nariz puntiagudo e ollos pequenos e saltóns. Nada que estivese fóra de lugar.
|
Páxina 19 |
Nº 11 |