Ana Montes, 4º ESO

O segredo de Fene*

          

           Falouse sempre na vila de Fene dunha muller con certa estrañeza, unha muller de longos cabelos e cun aire pipiriteiro. Todos os que afirman vela din que non viran muller máis fermosa na Galiza. Nin as mesmas sereas das que se fala nas nosas lendas podíanse achegar a tal fermosura.

           Adoitaba estar na fonte do Sartego. Poucos veciños da zona coñecían o seu segredo, pois tiña a destreza de predicir o tempo que ía facer. Se o seu cabelo estaba loiro como os raios do Sol, o día sería solleiro; mentras que se éste tornaba a mouro como o acibeche, o día sería chuvioso e friorento.

           Os labregos coñecedores de tal habilidade acudían á fonte en busca dela. Se tiñan a sorte de poder vela, decidirían se podían sementar ou non. Dise que todavía segue alí peiteando o seu longo cabelo...

 

*(O segredo da moura de Fene, a moura era un ser mitolóxico que tiña un gran parecido coas fadas).

Nº 11

Páxina 21

Cuadro de texto: