Carla Mª González, 1º BAC

 

                                                       Hermitas, do Rego da Moa

 

           Na miña aldea, non facían festas patronais como no resto das aldeas e aproveitamos a festa do cabalo de Magalofes para convidar a toda a familia a xantar.

 

           A casa da miña curmá, Hermitas, tiña dúas palmeiras enormes diante que nos servían de referencia para indicar onde esta a casiña: “A casiña das palmeiras” -dicíamos.

 

           Nunha desas festas quedei a durmir con ela e puxemos un colchón no salón, que tiña unha galería branca, preciosa no día, pero non tanto á noite...

 

           Non fun quen de durmir porque unha sombra raiaba o cristal coma un rastrelo facendo un desagradable ruído...

 

           Pasei a noite esperta e pola mañá, cando todo se ve máis positivo, erguinme e fun ver que era o que me causara tanto desacougo... e resulta que aínda que a festa do cabalo é en agosto, na nosa Galiza aínda asubía o vento, e as nosas palmeiriñas...

 

 

 

 

Nº 11

Páxina 23