“Debes rogar que el viaje sea largo, que sean muchos los días de verano; que te vean arribar con gozo, alegremente, a puertos que tú antes ignorabas.”
Konstantinos Kaváfis
Un mes fai que os nosos compañeiros doutras terras arrivaron ó noso porto de Ferrol. Chegaban desexosos de vivir profundamente os dez días que ían estar con nós. Chegaron pouco a pouco case sen decatarnos… e xa formaramos fai dous anos unha gran familia europea máis aló dos mares.
Un brote de ar tropical chegounos da illa de Reunión, e con eles, as súas cores, sorisos e cantos da súa pacífica convivencia. Da non tan lonxana Venecia viñeron os novos mercaderes de soños e amizades, compartindo un dialecto tan cercano ó galego que case parece un parente rescatado de antigas historias. Loiros e brancos do largo inverno do norte chegaron os nosos holandeses errantes, en prol de novas fronteiras, de novas andanzas…
Percorrimos kilómetros da nosa terra, dende a costa de Ferrol ata a de A Coruña. Estradas de terra, pedra e asfalto ata chegar tamén ó cumio da catedral de Santiago, coma pelegríns atopados no mesmo camiño.
|
Páxina 24 |
O RONSEL |
PROXECTOS INTERNACIONAIS |