Páxina 30 |
O RONSEL |
Querida estrela que caíches do ceo:
Cando penso en ti, hai unha estrela menos no firmamento. A máis bonita de todas as estrelas. Ningún astro brilla tanto coma ti.
Ti es o meu Sol, porque se ti non estiveses, e te apagases, eu estaría na escuridade e morrería. Preciso a luz que ti fas.
Cando Deus pechou as portas do Edén, deixou esquecida unha das súas criaturas máis fermosas e puras. Eu recollina. É un chisquiño do paraíso nun mundo agonizante.
Cando ese mundo remate o seu destino, xa inevitable, quero que a última cousa que vexan os meus ollos, que toquen as miñas mans..., sexa o teu corpo marabilloso.
De. José Carlos García Vega Para: unha estrela caída do ceo
|