Nº 11

Páxina 31

 

 

 

 

 

 

 

 

         Non sabería como comezar esta carta, pero en fin, soamente a escribo para dicirche que te coñezo dende hai un par de meses, e que creo que me gustas un pouco. Non son romántico nin ningunha cousa desas que vos gustan ás rapazas, pero no fondo sempre digo o que penso.

 

         Non sabía como podía dicirche o que estás lendo nesta carta, e o do concurso das cartas de San Valentín foi unha escusa para escribirche unha carta, non de amor pero case.

 

         Non che vou dicir que estou namorado de ti, porque sería unha mentira. Gústasme un pouco e me gustaría coñecerte máis para así poder ver se eu che gusto a ti.

 

         Ben, como puideches observar, non che digo quen son e non o vou facer, síntoo.

 

         Ben, espero coñecerte mellor, Sheyla.

 

Un bico moi grande, quérote ... ♥

 

Anónimo.