Nº 11

Páxina 3

Cuadro de texto:   ENTREVISTA AO NOSO LECTOR, JOHN, REALIZADA POR ALUMNADO DE 2º DE ESO

 

De onde ves?

 

Dos EEUU, de Sterling, Virxinia, para ser máis exactos, ao lado de Washington

 

Cantos anos tes?

 

25 anos

 

Que estudaches?

 

Estudei Historia e Ciencias Políticas na Universidade de  Marymount, en Washington.

 

En que medio de transporte viñeches a Galicia?

 

Vin en avión. Cheguei directamente dun voo de Washington a Madrid, e de Madrid a Coruña, aquí ao aeroporto de Alvedro.

 

 

 

Onde te hospedaches?

 

Os primeiros días estiven hospedado na Coruña nun hotel que se chama Santa Mónica, creo, e despois vin para aquí, para Fene, estiven no hospedaxe O Allegue, creo que está  aquí, en Fene, e ben, despois cheguei á escola.