Páxina 4

Cuadro de texto:

O RONSEL             

Tes algunha afección?

 

Se teño algunha afección? Si, si, si, en realidade gústame pintar, debuxar tamén, só que todo iso descoideino agora porque como estiven aquí, coñecendo todo, as cidades, deixei dun lado esas cousas. A parte diso, tamén me gusta. coñecer outras culturas

 

Algún equipo favorito?

 

O Barcelona.

 

Gústache Galicia?

 

Moito, moito.

 

Gustouche a paisaxe galega?

 

Bastante eh!, bastante, e agora máis que hai días que fun a outras cidades de España e comparando cidades, eu a verdade é que estou encantado con… Coruña, especificamente. Coruña e Galicia non teñen nada que envexar a fora.

 

Gústache a comida galega?

 

Si, si, gústame moito a comida galega.

 

E cal é a túa comida favorita?

 

A miña comida favorita galega é o lacón con grelos, e a mariscada tamén.

 

Que opinas sobre a nosa cultura?