Nº 11

Páxina 5

Cuadro de texto:

 

A vosa cultura é moi rica, apréndense moitas cousas, sobre todo para min que son de Historia, vin moitas cousas que só vira nos libros e nas enciclopedias, como por exemplo, non sei, as igrexas románicas que hai un montón por aquí, por Galicia e están á volta da esquina,  realmente, todas.

 

Que che pareceu a túa estancia no instituto?

 

A miña estancia no instituto foi moi agradable e lamento non terme quedado outro ano máis. Fixen todo o posible para volver a quedarme novamente, pero non se puido, lamentablemente.

 

Pasáchelo ben cos rapaces?

 

Si, si, con…, con todos en realidade, teño unha relación creo que moi cercana con vós, de 2º e cos de 4º de ESO, verdade?

 

Que tal foi a túa relación co profesorado?

 

Co profesorado moi ben, moi ben. Coñezo á maioría de persoas, aos profesores, conversei con eles e sempre me axudaron en todo o que necesito.

 

Vas seguir aquí o vindeiro curso?

 

Non, vou ir para Andalucía o próximo ano, por iso, quería quedarme novamente en Galicia pero  non se puido, lamentablemente.

 

E gustaríache quedar neste instituto un pouco máis?

 

Si, iso é o que fixen, tratei de chamar á Xunta, pero foi en realidade culpa miña porque tería que renovar un ano máis pero como as miñas compañeiras todas se foron a Andalucía, quixen, pero arrepíntome. Así pois,  foi culpa miña.