E por fin, chegan os deportes.

 

 

Despois da entrevista, a profesora, por deformación profesional, síntese na “obriga” de preguntar o seguinte:

 

María: Compaxinas o fútbol con algún estudio?

JD: Fixen INEF os últimos dous anos pero deixeino porque me era imposible compaxinalo co fútbol. As clases eran polas mañás e aquí adéstrase polas mañás tamén; ademais de ser unha carreira de deportes, hai que facer prácticas e asistir a clase. Así que este ano xa o tiven que deixar e comecei o curso de adestradores aquí en Mabegondo, que é polas tardes.

M: Descartas continuar noutro momento a carreira o gustaríache seguir?

JD: Continuaría, porque é algo que me gusta, pero como require asistencia á clase éme imposible continuar neste momento, así que prefiro facer algo que poida sacar e poida conseguir.

 

Texto e fotos elaborados por Alberto López e Juanjo Fernández.