Os presupostos do Ministerio de Educación fulminaron, cunha redución dun 90%, os fondos para as federacións de ANPAS. Con ese diñeiro, as confederacións de asociacións de pais manteñen as estruturas. As federacións rexionais teñen orzamento das Comunidades que tamén se recortaron en moitas delas.

            

             Finalmente, nas ANPAS de cada centro, os pais solen pagar directamente unha cota. Nos públicos, esta é case simbólica –de 15 a 20 euros anuais-, pero nos concertados poden roldar intre 40 e 60 euros por trimestre. Danse casos nos que este diñeiro se destina a outros fines –financiamento encuberto do concertado-, e o seu pago, aínda que voluntario, case sempre resulta forzoso na práctica.

 

             No caso do noso Centro, este ano non podemos optar ás Subvencións que convoca Deputación da Coruña, xa que estamos obrigados a xustificar un mínimo de 3.000 euros en gastos. En anos anteriores o gasto a xustificar roldaba entre os 600 e 700 euros. É unha diferenza a que cos nosos ingresos non podemos facer fronte.

 

             A outra Subvención a solicitar todos os anos é a de o Concello de Fene, aínda está sen liquidar a correspondente ao ano 2010 (420 euros), é non temos coñecemento sobre en que condicións se ofertará a de o ano 2011.

 

             Deixando de lado o concernente as ANPA´S, quero facer algunhas reflexións sobre o que acontece no groso da Educación.

 

             O Ministerio de Educación defende que o impacto das súas medidas de aforro na calidade da ensinanza  será escaso o nulo.

 

             Os espertos replican que iso e imposible e que os peores efectos se verán a longo prazo.

A outra Subvención a solicitar todos os anos é a de o Concello de Fene, aínda está sen liquidar a correspondente ao ano 2010 (420 euros), é non temos coñecemento sobre en que condicións se ofertará a de o ano 2011.

 

 

 

 

 

 

 

                                                   

A educación pública está en perigo?

As ANPAS valoran a situación