cuestionable. Nos terreos podes poñer os lindes, pero na música que fas? A único dereito que tes é a SGAE, que non é unha casa de santos, pero tampouco é o inferno, como moita xente pretende facer ver.
X: Cres que para ser músico fai falta unha formación regrada ou simplemente é un tema vocacional, pódese ser un autodidacta? B: Hai moita xente que ten unha formación musical impresionante e non é música, e outra xente que é vocacional e son auténticos magos. Por exemplo, Paco de Lucía, que non sabe dar tres notas con unha partitura, ou Pavarotti, as partituras deste eran palabras que el escribía nelas. E sen embargo non podemos negar que son grandes músicos. É dicir, unha cousas é a parte académica, e outra é a parte é a paixón e a arte que teñas; as dúas cuestións en conxunto, sería xa “la leche” Por iso non creo que os grandes músicos sexan precisamente os que saben música.
X: Cal é a túa fonte de inspiración á hora de compoñer? B: As fontes de inspiración son moitas pero fundamentalmente Galiza, hai unha profunda paixón pola nosa terra, pola nosa cultura que non é nada coñecida Ninguén sabe o que temos aquí, ninguén sabe que temos a lírica medieval máis importante de Europa; que temos unha das literaturas máis importantes e fermosas de Europa, pero cal é o problema, que estamos onde estamos e non se da a coñecer a nosa cultura.
X: E para rematar, unha pregunta comprometida, a vosa música ten un compoñente de reivindicación política? B: Por suposto, subliminalmente si. Temos reivindicación política pero cada un que a entenda como queira, non nos posicionamos politicamente, porque somos un grupo e dentro do mesmo hai distintas tendencias, non todos pensamos igual, malo se así fose, pero si hai un fondo ideolóxico común.
|
O recuncho musical |