A COLABORACIÓN DA EMPRESA NA FORMACIÓN PROFESIONAL.

UNHA RELACIÓN IMPRESCINDIBLE

 

Durante o proceso de ensinaza-aprendizaxe dos alumnos a empresa privada ten un papel moi importante, ven sexa a través de doazóns de material ou colaborando nas prácticas en empresa (FCT).

No departamento de automoción actualmente contamos coa colaboración con diversas empresas, entre as que cabe destacar as seguintes:

 

VFUs Armonia:

             Situada no concello de As Somozas, que ten como obxectivo o tratamento dos residuos perigosos dos coches así como a reciclaxe adecuada dos demais compoñentes. Contan cunha capacidade de desmontar motores e pezas, así como para reciclar 20.000 vehículos o ano.

             Na actualidade temos un contrato de préstamo de dous vehículos, que nos doan desinteresadamente por un curso académico. Ditos vehículos, o contrario do que poida parecer, están en perfecto estado, incluso puideran circular pola estrada, os alumnos do ciclo de electromecánica utilízanos para facer as prácticas no taller.

Descripción: trab01g.jpgDescripción: vAerea1g.jpg

                AD GRUPO REGUEIRA

 

Fixo unha doazón de material didáctico (Programa Eina-AD) para os alumnos, que consta dunha colección de CDs con información técnica e cursos interactivos de temas de actualidade relacionados con mundo do automóbil.

Esta colección de CDs consta de 7 unidades, que se entregan os alumnos que así o desexen e facilitáselles unha clave para poder instalar nos seus pcs e así visualizar o contido dos mesmos. Esta iniciativa en pro da formación dos profesionais da automoción do futuro é posible grazas a un esforzo conxunto de AD Grupo Regueira e AD Parts, en colaboración con Eina, Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia que en 2005 firman un acordo para a implantación do Programa Eina-AD nos centros de Formación Profesional onde se imparta algún dos ciclos formativos da familia de Mantemento de vehículos autopropulsados.

 

DÉIXASNOS O TEU COCHE?

SOMOS DE FIAR!