DÉIXASNOS O TEU COCHE? SOMOS DE FIAR! |
GT MOTIVE
Gt Motive, é unha empresa Internacional que comercializa solucións para o mercado da automoción dende hai corenta anos. Tratase da única empresa española dedicada ao desenvolvemento de ferramentas de valoración de sinistros, mantemento e avarías para o sector do automóbil. En GT Motive recópianse os datos de fabricantes de vehículos (tempos de reparación, referencias de cada elemento do vehículo e gráficos). Con estes datos, en GT Motive deséñase o sotfware que utilizan peritos, talleres, aseguradoras e empresas de Renting para os seus procesos de valoración de danos. Este ano, firmamos un convenio en prácticas con GT Motive co obxecto de consolidar os coñecementos teóricos adquiridos durante a formación nunha empresa real. Juan José Rodríguez Criado, é o alumno que está participando neste proxecto e iniciou as prácticas no departamento de Atención ao Cliente de GT Motive durante o mes de abril, e finalizará en xuño deste ano. A empresa precisa este tipo de perfiles académicos, e actualmente conta con 42 técnicos no servizo de atención o cliente, dos cales 26 son técnicos en automoción, moitos deles, especializados en electromecánica, igual que Juan José. GT Motive acolle cada ano un alumno en prácticas, coa intención de contar con persoal formado e preparado para cubrir posibles vacantes. O servizo de atención o cliente, situado na localidade de Pontedeume, presta soporte aos usuarios (talleres, peritos, aseguradoras e empresas de Renting). Juan José está aprendendo de primeira man como prestar asesoramento mecánico ao seu cliente, ofrecendo asesoramento, guía, soporte e pronóstico en todo o que concerne ao mantemento mecánico, avaría e carrozaría para o usuario final. Queremos destacar tamén que en cursos anteriores GT Motive dooou manuais técnicos de reparación de vehículos, e o programa GT Estimate, que é unha aplicación, que ofrece toda a información necesaria para facer un presuposto ou valoración exacta e precisa de avarías, mantementos e sinistros de automóbil, no que se refire a prezos de pezas, tempos de reparacións Xa, antes de rematar, queremos destacar as importantísimas doazóns de vehículos realizadas nos últimos anos por parte das seguintes empresas: · Seat-Martorel fixo diversas doazóns nos últimos anos de vehículos como SEAT Leon, Ibiza e Inca. · Citroën-España doou unha Berlingo 1.6 HDI. Estes vehículos, tanto Seat como Citroën, son totalmente novos e non chegaron a saír ao mercado debido a algún tipo de tara ou defecto de fabricación. · Renault-españa doou 6 motores no presente curso.
|