A educación pública está en perigo?

As ANPAS valoran a situación

Imaxe descargada de http://www.edu.xunta.es/centros/cpilorenzobaleiron/

             Dende detalles chamativos como as restricións no uso de papel hixiénico decretadas polo goberno catalán, hasta a perda das medidas de atención a alumnado complicado e as familias, os recortes educativos dos últimos anos xa se deixan sentir nas aulas. E estes van a ser maiores a partir do vindeiro curso coas medidas aprobadas polo Goberno para aforrar 3.000 millóns de euros mais.

 

             Redución de persoal no profesorado, (non se van despedir aos mestres interinos, simplemente non se lles vai renovar os seus contratos). Incremento de alumnos/as nas aulas.

 

             O debate sobre si non queda outra opción que facer estes recortes, dada a situación económica de España, ten moitas arestas e vai ser moi complicado aprobalo con un simple si ou non. O sistema educativo e o profesorado non pode asumir estas medidas sen repercutir no seu traballo.

 

             Pode ser que moitas familias non noten hoxe, e quizá tampouco o ano que ven, si seu fillo/a está nunha clase con tres alumnos mais, o si lle quitaron os desdobres en Matemáticas. Tampouco si perdeu boa parte do trimestre en Física por un intermitente catarro mal curado do profesor, porque agora, as baixas de menos de dúas semanas non se cobren.

 

O perigo e que, mentres se discute hasta que punto é para tanto ou non, irán pasando os anos, co grave risco de que chegue ese longo prazo e sexa devastador.