E por fin, chegan os deportes.

 

Deporte e educación son dous conceptos perfectamente combinables, aquí temos o exemplo dun xogador que destaca pola súa humildade, a profesionalidade e a capacidade de ser un bo compañeiro.

Foi todo un exemplo para nós.

 

 

Juanjo: Antes de nada, queremos felicitarche polo partido de onte.

J. Dominguez: Moitas grazas, sempre ven ben gañar e manter a distancia.

J: Ademais en Riazor...

J D: Xa, en Riazor estamos moi fortes, a verdade, e hai que seguir así porque os puntos da casa son os máis importantes, e despois, fora, intentar manter o nivel que temos en Riazor.

J: A temporada pasada, os días posteriores ao descenso, como estaban os ánimos no vestiario?

J. D: Estaban moi mal, era unha mala noticia para todos, para a afección, para os xogadores... Foi un duro golpe, ademais definiuse todo no último partido da temporada, pero iso xa pasou e hai que pasar páxina pois agora temos un reto diferente e máis bonito que é ascender e, se pode ser, quedar campións. Vamos por bo camiño e a ver se o conseguimos para esquecer o descenso.

 J: Como ves ao eterno rival, o Celta, esta tempada?

JD: Pois non o sigo, a verdade, non o sigo moito, non vexo partidos nin nada, pero polos resultados e a clasificación vexo que o están a facer ben, están segundos e está claro que é un equipo que vai loitar polo ascenso.

J: Como te sentiches cando soubeches que ías xogar o derbi?

J. D:Pois emocionado e moi ilusionado, porque non xogara de titular ningún partido de liga ata o día do Celta e, a verdade, é que tiña moitas ganas de xogar un partido, independentemente de que fora o Celta ou outro equipo. Pero é verdade que o Celta dáche máis motivación e máis ganas, ademais eu ao ser do Deportivo dende moi neno, sinto un pouco máis especial o partido que outros.

J: Cres que nalgún momento vas levar o brazalete de capitán?

J. D: Non o sei, non o sei (risas)... Non é algo no que pense, a verdade, aínda que ogallá sucedese, é algo que me gustaría porque a todos nos gusta chegar a ser veteranos; de todos modos, que pase o que teña que pasar.

J: Como foi o proceso de adaptación á nova categoría?

JD: Pois ao principio custou, os primeiros partidos estabamos por debaixo do noso nivel, porque moitos xogadores nunca xogaramos en segunda división ata ese ano, o estilo de xogo é diferente, máis intensidade, menos espazos, pero de todos modos ese foi o proceso lóxico de adaptación que pasamos e ao final da primeira volta, xa soubemos adaptarnos á categoría e agora é de verdade cando estamos dando o noso nivel.

J: Como ves o obxectivo do ascenso? En en caso de seguir en segunda, cal sería o obxectivo? 

JD: O obxectivo do ascenso é o principal e polo que estamos loitando todos, é polo que hai que gañar, polo que hai que sumar puntos, porque iso é o que nos fai estar enriba, pensar no ascenso. E con respecto ao obxectivo do vindeiro ano, en principio queremos manternos como o primeiro equipo que acaba de ascender.