E por fin, chegan os deportes.

 

Alberto e Juanjo, dous seareiros do Deportivo e alumnos de 1º de Bacharelato, fixeron un parón nos seus estudos e acercáronse a Abegongo a entrevistasr a Juan Domínguez. E descubriron a un xogador humilde, cercano e con ganas de ascender.

 

J: Agora mesmo estase a dicir que eres un dos xogadores claves do equipo, sentes algún tipo de presión?

JD: Non, eu creo que todos temos a nosa función no equipo, todos somos iguais de importantes, e hai opinións para todos, á xente gústanlle máis uns xogadores que outros, pero dende o meu punto de vista, todos temos a mesma importancia no campo.

J: Recentemente superouse a cifra de 25.000 socios do club, que opinas diso?

JD: Pois é algo incrible, que a afección de un equipo de segunda división teña máis de 25.000 socios é algo que sorprende moito, e non só é a cantidade, senón a calidade, que nos acompañan nos desprazamentos, nos malos momentos sempre están aí, veñen ao hotel, aos adestramentos e a verdade é que nos teñen moi mimados.

J: Como te sentes ao estar rodeado de xogadores como Valerón, Aranzubía,...?

JD: Síntome un privilexiado, compartir vestiario ou estar no campo con xogadores dese nivel tan alto para min é como un premio e aprendo moitísimo estando ao seu carón.

J: Quen era o teu ídolo futbolístico de pequeno?

JD: O primeiro foi Bebeto, eu sempre fun do Deportivo, pero cando coñecín a Valerón, este converteuse no meu ídolo definitivo, ademais pola posición, pola maneira de xogar, é un xogador que en canto o vin, encantoume e dende entón só o teño a el como ídolo.

J: Cal é o xogador do equipo máis gracioso e cal o máis serio.

JD: O máis gracioso quizás sexa Bodipo, que sempre se lle da moi bo ambiente ao vestiario, sempre está de bo humor, e do máis serio non sabería cal dicir.

J: Agora mesmo, cres que hai algún xogador con potencial nas categorías inferiores?

JD: Si, por suposto, nos últimos anos estase a facer un gran traballo coa canteira e creo que hai xogadores para que nun futuro axuden ao Deportivo, simplemente hai que esperar, traballalos ben dende as categorías inferiores e seguro que moitos chegarán lonxe.

J: Tes algún tipo de ritual ou manía antes de comezar os partidos?

JD: Non son unha persoa de manías, unicamente entro ao campo co pé dereito, pero no vestiario e mentres me cambio, non fago nada, simplemente penso no partido, estou tranquilo e xa está.

J: Que pensas dun derbi en segunda división?

JD: Pois sería bonito estar dous equipos galegos en primeira división, a todos os afeccionados lles gustaría e para o fútbol sería unha moi boa noticia.

J:  E por último, cal é o teu maior soño?

JD: Estar en primeira división co Deportivo e por soñar, conseguir un título para gañar a liga ou a Champions, xa che digo que soñar é gratis pero é algo complicado, en fin, por que non?