Para M.F.S. (2º de bacharelato)
Querido M.:
O teu sorriso é coma un destello de lúa no inmenso océano. A túa mirada, oh Deus!, a túa mirada, póñome vermella soamente cunha das túas miradas, esas miradas que fan temblar o mundo, o meu mundo! E que fan estremecer todo o meu corpo.
Sempre tan ben vestido e combinado, encántanme eses pantalóns que simulan o coiro e che deixan o culete en “push up”! Encántasme…
Non podo soportar estar sen ti no recreo. Érelo todo para mín. Necesítote! Cada día, cada segundo, necesito un deses abrazos que me fan sentir que todo pode ser posible, só se estou contigo.
Odio a todas aquelas que che dedican un guiño, un xesto, un algo que simule cariño, pois non podo soportar que outra persoa che entregue un mínimo de todo o que leu che podo dar, porque quero ser eu, e soamente eu, a que estea xunta a ti durante toda a vida, quérote M.F.S., e moi pronto saberás quen son, pois non podo soportar nin un día máis sen ti, sen darcho TODO!
Asinado: A túa princesa de cristal.
Estamos na obriga de indicar que esta carta parecía desprender o arrecendo que nos fixo pechar os ollos para sentir a paixón con total plenitude. |
Que talentosos os nosos alumnos! |
A flor que máis adiante será unha mazá. Un froito que lembra o pecado. |