O movemento educativo se acomodou nos últimos anos, pero agora coa situación económica e os axustes hai unha resposta social evidente. A Educación española veu  recortado o seu orzamento (o das Comunidades é o do Goberno) nos últimos dous anos en mais de 3.400 millóns de euros. A partida presupostada para as ANPAS cae nun 90%.- Onde vamos a parar?

 

                 A ANPA dun Instituto de Alcoy (Alicante) costeou este inverno parte do gasto en calefacción do centro.- Nunha escola de Valencia os pais se prestaron a pagar a pintura das aulas –que estaban en pésimas condicións hixiénicas- é en outra costearon a alarma e patrullaron ante tanto roubo.- Dos combativos centros de Vallecas (Madrid) saíron as denunciadas camisetas da marea verde…  E así un longo etcétera. Cando a crise apreta e os recortes atenazan, os pais máis que nunca se ven obrigados a velar pola calidade da ensinanza dos seus pequenos/as. Pero, están dispostos a facelo?

 

             Todo se complica agora, pois moitas das antigas axudas públicas ás que estas Asociacións poden optar evaporáronse nos últimos meses.

 

             En Cataluña este ano non puideron acceder a ningún tipo de subvención porque non se convocaron.- No curso pasado, por exemplo, grazas a os 367.000 euros sufragados polo Concello e a Generalitat, 141 ANPAS tiñan actividades extraescolares, servizo de acollida matinal e escolas abertas en xullo, das que se beneficiaban sobre 6.000 alumnos.

 

             Os partidos políticos teñen que entender que coa crise non se pode castigar a supervivencia das ANPAS. É un erro grave porque son un vehículo fundamental para formarse e educar mellor aos fillos/as.

 

 

            

            

A educación pública está en perigo?

As ANPAS valoran a situación