X: E como vos sentides os dous que estades dende o principio? B: A verdade é que foi unha aposta dende o principio, rexeitando outros traballos que che poderían dar estabilidade na vida, pero apostas polo que che gusta, e pasas momentos difíciles, porque a música é flutuante, na música tes un ano bo, pero outro é peor e tes que ir trampeando situacións. E pensas se a ti che gratifica esta situación, e teño claro que si, e aos meus compañeiros tamén. X: Por que a voz do grupo é fundamentalmente feminina? B: Porque cremos que as voces en Galiza son femininas, Galiza é unha sociedade matriarcal e entendemos que o compoñente feminino en Galiza é moi importante. E son voces moi diferentes entre si. Buscamos que unha non se solape ca outra, cada unha ten que ter o seu estilo. O que interesa é que haxa matices.
X: Un dos duetos que fixéchedes foi con Pablo Milanés, que vos pareceu a experiencia? B: Moi ben, temos varios duetos, con Pablo Milanés, con Ismael Serrano, ... Nós tentamos buscar ás persoas que admiramos aínda que non cante o teu estilo de música, porque é enriquecedor ver como alguén pode poñer a súa voz no noso estilo de música.
X: Cres que un grupo folk galego pode vivir da música? B: Si se pode, o que pasa é que vivimos nun lugar moi desagradecido para a música, porque aquí, tal e como dixen antes, a música está subvencionada e a xente está acostumada a que todo teña que ser gratis, noutros lugares cóbrase polas entradas, e aquí non, ofrecen concertos gratuítos, pero así enches de xente o lugar, e estás desvalorizando o espectáculo. En definitiva, vivir da música, ou de calquera outra arte, é complicado, pódese, pero é difícil.
X: Como cres que están afectando as novas tecnoloxías á musica? B: As tendas de discos están pechando, cando eu era rapaz, compraba un vinilo e estaba adorando nel. Pero eu non me queixaba do prezo. É verdade que nun principio era bastante cara a música, pero houbo un momento en que se equilibrou o prezo, sen embargo, cando a xente proba “o gratis” despois todo lle parece caro. Un CD pode custar 6 euros, e hai a quen lle parece caro, porque non sabe todo o traballo que hai detrás. As novas tecnoloxías avanzaron en expansión pero prexudicaron en que perdeu valor todo. As plataformas dixitais o que fixeron foi colgar toda a música, e o que a min me costa tan traballo, é darlle a unha tecla do ordenador e xa está. A industria musical está afundida, non podes vivir cando antes si o podías facer. Nós aguantamos, pero hai moita xente que desapareceu. E se tes o grupo é porque o tomas como unha afección, e non é teu traballo. En Francia e en Irlanda hai unha conciencia diferente, non hai tantas descargas. Compran a música do seu grupo, non a baixan gratuitamente.
X: Estás a favor dos dereitos de autor da SGAE? B: Estou a favor, con matices, porque hai cousas que hai que cambiar, pero estou dentro dunha proposta de cambio que gañou precisamente hoxe as eleccións, por maioría simple, pero gañou. Os dereitos de autor son fundamentais porque o autor traballa o que a xente non sabe o que traballa, e hai que recoñecelo e darlle un valor, igual que hai un dereito da propiedade privada, os dereitos de autor teñen que estar recoñecidos. O problema é que a propiedade privada é algo concreto, sen embargo a propiedade intelectual é algo que ti non ves, por iso é máis
|
O recuncho musical |