A educación pública está en perigo? As ANPAS valoran a situación |
O instituto somos todos. Na revista tamén hai espazo para elas.
ANPAS / EDUCACIÓN PROBLEMÁTICA ACTUAL
A actividade das ANPAS –antes APAS, sen a N de nais– remóntse ao Franquismo. A Lei de Asociacións de 1964 e, especialmente, a Lei Xeral de Educación de 1970, lles deron forma incidindo na necesidade da súa constitución.
As familias querían fomentar entonces unha ensinanza de calidade, laica e gratuíta que era escasa.
Na Transición, un momento de fortísima presión democrática, as Asociacións ganaron representatividade institucional e actividade coa xestión do comedor e as actividades extraescolares. Aínda así se frea a vía reivindicativa con unha notable perda de vitalidade, ilusión e participación directa, pese a que se aproba en 1985 a Lei Orgánica de Dereito a Educación, que asenta os cimentos da forma de participación das familias. A mediados dos noventa a forte chegada de inmigrantes cambia as previsións, pois a ensinanza concertada se resiste a recibir a estes nenos nas súas aulas, caendo toda a presión sobre a pública.
A implicación dos pais no día a día na escola é fundamental, non so para a boa marcha dos servizos do centro. Iso na teoría, porque na práctica o compromiso dos proxenitores coa escola descende a medida que medra o neno.
A participación das familias na escola pública, algo mais da metade (un 60%) das familias do alumnado pertence a Asociación. Pero a partir disto todo son cifras decrecentes: van ás Actividades un 30%, ás reunións un 15% e a complexa organización un pírrico 4%. Tradicionalmente, en primaria a implicación nas ANPAS e maior, pois as actividades extraescolares resultan unha coidadora práctica, barata e coa que ademais aprenden algo. Pero na Secundaria aos pais lles preocupa sobre todo a evolución académica dos fillos/as.
Nas ANPAS, como en todo movemento que representa a moita xente, son poucos os que se implican a facer cousas. É o efecto gorrón “si sei que alguén vai facer o traballo, para que vou facelo eu”. Pero si algo falla, a cousa cambia. E agora as familias, si ven que perigan as ANPAS e por tanto os servizos que dirixen, reaccionan. Porque son estes servizos polo que os pais valoran a estas Asociacións, deixando moi atrás a súa orientación pedagóxica.
|