UN MOMENTO HISTÓRICO…
O LIPDUB
O dezasete de febreiro, coincidindo coas celebracións do Entroido no centro, un grupo de alumnos de 2º de bacharelato organizamos a rodaxe dun vídeo musical de estilo lipdub, que tivo unha gran acollida e contou coa participación de boa parte do alumnado.
Este tipo de gravacións, moi populares en internet con fins publicitarios ou simplemente para o disfrute dos participantes, requiren un importante traballo de preparación porque o que se intenta é gravar un percorrido con moitas persoas cantando en playback e nunha única toma.
Como parte da organización do lipdub do IES de Fene é de agradecer a paciencia e o bo humor que profesores e alumnos tiveron a día da rodaxe. Hai que ter en conta que os problemas técnicos non faltaron dende o comezo até o final da xornada.
O principal motivo para que a gravación de vídeos sexa algo tan popular actualmente é o avance das tecnoloxías, que fan ás cámaras e aos outros equipos asequibles e sinxelos de utilizar. Isto deixa unha gran marxe para poñer a proba a nosa creatividade.
Acabo a miña intervención mencionando unhas webs de interese relacionadas con isto:
Ricardo Varela
NOTA DA REDACCIÓN: ESTE LIPDUB NA REDE XA!! MENTRES CONFORMÁMONOS CON: http://www.youtube.com/watch?v=-zcOFN_VBVo
|
Un entroido diferente |