CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Cada ano, por San Valentín, lanzámonos á caza de novos talentos literarios. Pedimoslle ao alumnado que redacten unhas misivas para enviarllas aos seus namorados/as. Velaquí as tres ganadoras deste ano. Para distinguirnos (somos un centro distinguido) ilustrámolas con flores dos prados e das árbores de Fene.
Para C.F.P. (3º ESO)
Prométoche o universo. Prométoche que cada mañá terás unha mensaxe no móbil dicindo “Bós días, princesa”. Prométoche que sempre sairá un sorriso dos meus beizos. Prométoche que nunca me cansarei de decirche o guapa que estás. Prométoche un sempre. Porque che debo parte da miña vida, porque penso que é inxusto que pases tanto tempo facéndome feliz, falando ou simplemente respirando, xa sei que non moi egoísta, pero non o podo evitar.Ti ensináchesme a rir dos erros da vida e de min mesmo. Ensináchesme a non darlle a espalda ao mundo cando as cousas non saen como un espera. Ensináchesme a seguir adiante. Ensináchesme que se a vida che da mil razóns para chorar, debes darlle mil e unha para sorrir. Ensináchesme a ser. E agora non quero ser sen ti. C.F.P., ámote un oito tumbado.
Anónimo.
Camelia japonica, pensando na Dama das camelias.
Impresionante. Na seguinte páxina vai a segunda. |
E COMO ESTAMOS MOI PRIMAVERALES, MÁIS AMOR...
|