Para A.F.H. (4º ESO)

 

             Como esquecer aquel instante no que me fixei en ti por primeira vez. Vinte e xúroche que non souben que facer.

 

             E agora es o meu pensamento as vintecatro horas do día; os tres mil seiscentos minutos; os douscentos dezaseis mil segundos; e se me deses unha oportunidade converteríate no príncipe dos meus soños, o protagonista do meu conto.

 

             Construiría un castelo só para os dous, cunhas murallas polas que non puidera pasar nada que che poida facer algún mal.

 

             Sería un castelo máxico ao que os dragóns, os trolls e as bruxas non se achegarían pois saberían perfectamente que eu te protexería sen dubidalo un instante.

 

             Faría todo iso e moito máis só por ver o teu sorriso cada instante, cada segundo da miña existencia. Só por poder gozar da túa  mirada cada mañá, cada tarde, cada anoitecer, cada momento dos meus soños.

 

             Daría a miña vida por ti e correría quilómetros ata onde ti estiveras só para estar contigo, porque es o que máis quero… o mellor da miña vida.

 

 

Unha cousa farei contigo que ti nunca comigo farás,

Quererte toda a vida e non olvidarte xamais.

Sempre ao teu lado

 

Anónimo.

 

 

 

 

 

 

Linaria triornitophora, unha planta

da familia das labiadas (para bicar)

O seu nome común é “zapatos de cuco”

 

Debemos sinalar que o orixinal estaba escrito a man e que en vez de puntos sobre os is aparecían corazóns. Tremendo!

 

 

 

Máis creatividade!!!