A educación pública está en perigo? As ANPAS valoran a situación |
O perigo e que, mentres se discute hasta que punto é para tanto ou non, irán pasando os anos, co grave risco de que chegue ese longo prazo e sexa devastador.
Entonces quizá en 2020, chegará un informe que diga que a educación española non so non mellorou, senón que quizá empeorou.
Desde as Administracións estase lanzando a mensaxe de que os profesores traballan pouco e mal, para xustificar os recortes. Todo elo, intensifica o malestar docente que tamén repercute negativamente na calidade da educación.
O malestar do profesorado é evidente, non é para menos.
Coa que lles está caendo non me estraña que no IES-FENE parte do alumnado de 1º de bacharelato (sobre 20 rapaces) queden este ano sen a viaxe de fin de curso que tiñan proxectada, xa que non conseguiron que dous profesores lles acompañen, tal como está estipulado. A verdade e que sinto pena coa actuación dos mestres e sobre todo pola decepción que sufriron os alumnos/as.
Xa para rematar, sen querer meterme no asunto das Universidades, outro que non pinta nada ben para a xente de a pé, quero facer un chamamento aos pais e nais a seguir colaborando na medida das vosas posibilidades co fin de axudar á Dirección e Profesorado de noso Centro na súa esixente labor.
Tamén quero facer notar en que estas reflexións que fago son a título persoal é, entendo perfectamente que moitas persoas vexan esta problemática doutro xeito o cal merece todo o meu respecto.
- Juan José López Bellón – Presidente ANPA IES-FENE
|