O PAZO DE BARALLOBRE |
O instituto está no lugar do Pazo. Aquí tedes un artigo ben interesante que nos explica o porqué dese nome.
O PAZO DE BARALLOBRE E AS SÚAS ÁRBORES
Hoxe, na hora de titoría, veunos Antón Muñiz, enxeñeiro técnico agrícola e xardineiro do Concello, quen nos deu unha charla sobre como era antes o pazo e como era e é agora a súa vexetación.
No século dezaoito e dezanove ter un xardín tiña como característica a presenza de especies exóticas e o feito de estaren coidados e, por aquel entón, estaba unido á clase alta. Había moitas mesturas de estilo, como por exemplo o francés (con formas xeométricas que requirían moito dominio no arte da xardinería), e o estilo inglés que é precisamente o contrario ca o francés.
O único que nos queda do pazo é a paisaxe, xa que non existen case definicións del en escritos. Tiña unha capela e a vexetación era moi especial, distinta ao resto das outras. Era máis ou menos acoutado para o disfrute da xente da clase alta.
Na actualidade o que queda é o emblema do pazo. E curiosamente colocárono mal porque a peza que está hoxe en día no medio, anteriormente estaba arriba de todo. É unha especie de árbore xenealóxica da familia que vivía alí.
O pazo era un centro de poder que se levaba ben coa igrexa que tamén era do centro de poder. É dicir, os señores do pazo tiñan o dereito de designar ao crego da parroquia de Barallobre.
Antigamente, a xente de alto mando, buscaba elementos vexetais cos que se caracterizaban como superiores.
Despois da charla no salón de actos, fomos á costa que hai que subir para saír do centro. Alí, atopamos a árbore denominada Pittosporum undulatum que provén de Australia. Na comunidade galega hai moi poucas. Pero nas Illas Canarias e nas Azores foron practicamente unha praga. Actualmente, nesas zonas emprégase para compost para os ananás e para alimentar o gando.
A continuación fomos ver a Tilia platyphyllos da cal se extrae a tila. Tamén vimos o Arce pseudoplatanus. Preto deste, había un castaño de indias Aesculus hippocastanum. Os seus froitos dábanllelos de alimento aos cabalos en Turquía. As magnolias e as camelias eran antigamente moi útiles para os pazos . |