O PAZO DE BARALLOBRE

             Despois, Antón Muñiz comentounos unha historia sobre a Camelia xaponica. Que como moi ben di o nome provén de Xapón. O nome desta planta está feito en honor ao primeiro botánico moderno que fixo un  sistema para a nomenclatura de todas as especies. Fixo a súa contribución mentres traballaba nas illas Filipinas. O nome deste magnífico botánico era Gregorio Kamel. Esta camelia foi introducida en Europa por un engano. É  da familia das tiliáceas, como o té. No século XVI e XVII, que foi cando os ingleses se afeccionaron ao  té, encargáronlle unha planta do té. Pero os chineses, como eran máis listos e querían seguir comerciando, vendéronlle camelias aos ingleses, e claro a camelia no producía aquela marabillosa bebida. Crese que a camelia máis antiga de Barallobre se atopa na Vrea e que ten arredor duns 200 anos. Tamén se conta outra historia de que cando pararon en Neda un cidadán fixo un troque entre un inglés, cunha camelia, e esa puido ser outra razón da súa introdución en Galicia.

 

             A continuación, fomos a ver unha laranxeira amarga que hai preto da pista,. O seu nome científico é Citrius auratium.

 

             E por último, fomos a ver o piñeiro que hai preto de mestría. O seu nome científico é Pinus pinea, popularmente chamado piñeiro manso. Este piñeiro dá unhas piñóns  que son comestibles. Este piñeiro foi plantado aproximadamente o mesmo ano ca o tilo. Esta marabillosa árbore mide de perímetro uns tres metros trinta centímetros. Antón ensinounos a medir o perímetro dunha árbore. Faise a unha altura do chan de 1 m 30 cm.

 

             UNHA CURIOSIDADE: O castiñeiro de indias foi plantado en 1915 cando casa o señor do pazo.

 

Miriam

 

O Pittosporum undulatum, unha xoia botánica.