WELCOME MISS SAWYER |
E agora temos o artigo da autora de sorriso permanente e cos ollos máis azuis de todo Barallobre. Adiviñade quen pode ser. Adiantamos que dende este ano é galega.
End of year article
|
Rinme moito ese día, hai máis de sete meses, cando na miña casa en Connecticut (na costa noreste dos Estados Unidos), recibín a carta de aceptación como auxiliar de conversa da Xunta de Galicia. Enviara todos os documentos dúas veces: en castelán, que eu podía ler perfectamente, e tamén nun novo idioma estraño, o galego. Que morro teñen os galegos, pensei, crendo que nos Estados Unidos se lles vai entender o seu idioma “rexional”! Esa foi a miña primeira experiencia co galego, o idioma ao que acabaría collendo moito cariño ao longo dos seguintes oito meses.
Confeso que me preocupei moitísimo cando vin que me asinaran Galicia. Coñecía moi pouco a zona e os rumores que oíra, polo xeral, non eran moi positivos, que digamos. (De feito, nalgúns países latinoamericanos, o termo “galego” é considerado despectivo!). Inmediatamente entrei en Google Maps para investigar o enderezo que me deran: o IES de Fene. Xeograficamente, vin que a rexión era moi bonita e, por riba, moi parecida a Connecticut. Verde, ubicada na costa, ata case na mesma latitude. Pero ao acercar máis a imaxe en Fene, o meu ánimo empezou a decaer. (Se non miraches Fene, Ferrol ou incluso A Coruña en Google Maps inténtao – que deprimente se ve!) Incluso miña tía, que miraba comigo o mapa, me dixo: |