WELCOME MISS SAWYER
|
“Pero Liz, en que te metiches? Onde narices vas?! Ía pasar os seguintes oito meses nunha solitaria escola rural, no medio da nada? Afortunadamente, a miña actitude cambiou ao chegar á Coruña. Cheguei esgotada despois de case un día enteiro de viaxe. Pero o amable Souto foime buscar ao aeroporto e deu un rápido paseo en coche para ensinarme a beleza costeira da cidade. Non tiña nada que ver coa impresión que me deran as imaxes en Internet. Aínda que a arquitectura deixe algo que desexar, namoreime inmediatamente do intenso mar azul, coas súas ondas arrastrándose pola praia branca de Riazor, as rúas estreitas empedradas e, por suposto, da maxestosa Torre de Hércules vixiando e coidando o silencio da cidade. Pero, aínda máis importante, toda a xente que coñecín neses primeiros días eran do máis amables e acolledores que coñecín na miña vida. Sabía que ía a ser moi feliz.
E certamente, funo. Vivir na Coruña e traballar como auxiliar de conversa no IES de Fene foi unha experiencia estupenda. Será moi difícil deixar a nova familia que me adoptou aquí: alumnos, compañeiros e amigos por igual. Será aínda máis difícil volver a acostumarme á vida americana; unha mentalidade moito máis estresante e baseada no traballo e moito menos social. (Botarei de menos a expresión que tan a miúdo se escoita no IES de Fene, e en toda España: “Vamos a tomar un café!”) Pero alégrame moito saber que os alumnos de Fene terán a oportunidade de coñecer a outros lectores americanos coma min, para inspirarlles nos seus estudos lingüísticos e para axudar a crear un mellor coñecemento mutuo das nosas culturas distintas para así, tamén mellorar as relacións entre as dúas grandes nacións.
Liz
E NÓS ENGADIMOS: YOU´RE THE BEST!!! |