E , agora, os poetas!

CONCURSO DE POESÍA

 

No instituto non faltan poetas. Somos xente sensible e que sabe escribir.

 

1º PREMIO

 

CIDADE

 

Xigantes de formigón,

corceis mecánicos,

flotando con bravura

sobre ríos de asfalto.

 

En tan inmenso lugar,

síntome moi pequena

entre o ruído atronador

dos corceis da guerra.

 

Aldara López Teijeiro (3º ESO)