E , agora, os poetas!

2º PREMIO

 

Alzade as mans

 

Filósofos con voz de ton avermellado.

Bandeiras con estrela e o puño pechado.

Ameaza para algúns homes traxados.

Esperanza para moitos de brazos mazados.

 

Acabaremos coa vosa opresión,

e será parte do problema

quen non queira selo da solución.

 

Os propios séculos serán testemuñas

do cese das vosas mentiras e calumnias.

E nun próximo amencer marabilloso,

verase resultado deste traballo tan custoso.

 

José Carlos García Vega (3º ESO)