DAMOS UNHA VOLTA POR EUROPA? |
PROGRAMA LEONARDO DA VINCI DO IES DE FENE O programa Leonardo da Vinci, está dirixido para atender as necesidades de ensinanza e aprendizaxe de todos os participantes na educación e formación profesional, forma parte do programa de aprendizaxe permanente xunto con outros programas como Comenius, Erasmus e Grundtvig. Entre outras accións o programa Leonardo concede unhas becas de mobilidade para realizar prácticas en empresas ou en centros de formación en outros países da Unión Europea, dirixidos a alumnos de Ciclos Formativos de Grado Medio e a persoas que se atopen no mercado laboral.
· Beca Leonardo de mobilidade para alumnos (convocatoria 2010). O colaborador foi un centro de formación profesional polaco: Zespół Szkół Licealnych i Technicznych nr 1. * 2 alumnos do ciclo medio de mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas do CIFP FENE estiveron traballando 1 mes en Varsovia na empresa FESTO (multinacional alemana que fabrica compoñentes neumáticos). * 16+16 alumnos do Zespół Szkół Licealnych i Technicznych nr 1 (4 da especialidade de mecatrónica e 12 da especialidade de informática) estiveron traballando 3 semanas no mes de outubro dos anos 2010 e 2011 en empresas de Fene, Ferrol, Neda, Narón e A Coruña.
En ámbolos dous casos organizouse un programa de actividades cultural paralelo á execución das prácticas, por exemplo, no caso dos alumnos polacos debemos destacar que visitaron Santiago, A Coruña, Ferrol e Costa da Morte (Fisterra e máis Ézaro). Queremos agradecer o papel do Concello de Fene que apoiou tódalas actividades desenvolvidas polo centro educativo a este respecto: recepción oficial ós alumnos no centro educativo, visita ao Concello, acto de clausura no salón de actos do mesmo, organización dunha visita guiada ao Museo Naval de Ferrol e ás instalacións de Navantia Fene.
|