DAMOS UNHA VOLTA POR EUROPA? |
Os intercambios entre estudantes son unha opción ou unha obriga no mundo de hoxe en día. Que decida cada un, pero o certo é que representan unha experiencia moi gratificante ou a si a ven os estudantes de FP. · Beca Leonardo de mobilidade para alumnos (convocatoria 2011). O noso socio foi un centro de formación profesional francés: Lycee Professionnel Prive Jacques Raynaud. 4 alumnos do ciclo medio de mantemento de instalacións térmicas e fluídos do IES FENE estarán traballando durante 1 mes en Marsella en 4 empresas do sector. Este ano a modalidade escollida foi a dun fluxo de 5 semanas no país de destino: a primeira semana os alumnos asistirán ás clases con alumnos franceses da mesma especialidade de formación profesional. A continuación iniciarán as súas prácticas profesionais nas empresas en compañía dun dos alumnos que coñeceron a semana previa. * Está previsito que o centro francés envíe 10+10 alumnos o ano próximo e o seguinte para que tamén fagan prácticas en empresas españolas. Dado que solicitaron o proxecto na convocatoria de 2012, aínda non sabemos se van a conseguir a financiación ou non.
· Beca Leonardo de mobilidade para alumnos (convocatoria 2012). Os nosos socios son un centro de formación profesional francés, Lycee Professionnel Prive Jacques Raynaud, un centro polaco, Zespół Szkół Licealnych i Technicznych nr 1, e un centro lituano, Vilniaus automechanikos ir verslo mokykla. * 13 alumnos do ciclos medios de mantemento de instalacións térmicas e fluidos, mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas e electromecánica de vehículos do IES FENE estarán traballando durante 1 mes en Marsella, Varsovia e Vilnius en 4 empresas do sector. Excepto no caso dos alumnos de instalacións, tódolos fluxos serán de 4 semanas. Estes alumnos repetirán o esquema explicado no punto anterior. * A distribución de alumnos é a seguinte: 5 de mantemento electromecánico, 6 de instalacións e 2 de vehículos.
|