DAMOS UNHA VOLTA POR EUROPA?

             O IES FENE tamén participa en proxectos de mobilidade de profesorado ao estranxeiro: 4 profesores dos ciclos de mantemento electromecánico e instalacións térmicas farán unha visita de estudio de 1 semana de duración a un centro de formación profesional danés: Skive Tekniske Skole.

             Esta visita servirá como punto de encontro para o intercambio de boas prácticas educativas para profesorado con perfil eléctrico. Ademais, este centro organizará visitas a empresas e entidades do seu entorno de interese dentro do contexto da formación profesional.

Na primavera do 2010, o CIFP FENE foi o anfitrión dunha visita realizada por 2 profesores deste centro educativo no contexto dun Leonardo da Vinci organizado pola Consellería de Educación.

             Por outra banda, o IES FENE solicitou xunto con 10 entidades internacionais máis, relacionadas dalgún xeito coa formación profesional, un proxecto Leonardo da Vinci de Asociacións que pretende implementar nun prazo de 2 anos unha rede que facilite a mobilidade de alumnos e profesores das entidades participantes. O alcance deste proxecto é bastante amplio: Portugal, España, Reino Unido, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Grecia, Polonia, Lituania e Italia.

Esta modalidade de formación para o alumno e unha experiencia inesquecible, porque non solo lles permite mellorar a súa formación técnica se non que tamén é unha oportunidade de crecemento persoal xa que se enfrontan a moitos retos.

Na maioría dos casos saen do núcleo familiar e teñen que vivir de forma independente nun país con unha lingua distinta e solucionar os problemas cotiás da vida. Coñecen a cultura e o modo de vida de outro país o cal tamén os enriquece.

             Esta experiencia queda reflectida no curriculum e moitas empresas valórana positivamente xa que demostra a iniciativa e autonomía do alumno. Como exemplo temos un alumno dos que foi a Varsovia que agora está traballando en Inglaterra

             Aínda que non temos moita experiencia, todos os alumnos quedaron moi satisfeitos, coñeceron xente nova, melloraron no idioma e fixeron amizades que seguen mantendo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

José Luis Souto