DÉIXASNOS O TEU COCHE?

SOMOS DE FIAR!

                

                 A dirección xeral de trafico doou un Nissan terrano, dito vehículo foi solicitado a principio de curso polo xefe de departamento. Grazas a esta doazón podemos complementar as prácticas en varios módulos, xa que é o único vehículo 4x4 do que dispoñemos. Deste xeito aproveitamos os recursos do estado, dándolle unha segunda vida a este vehículo que naceu para velar pola nosa seguridade nas mans dos axentes da garda civil e agora contribuirá na aprendizaxe dos nosos alumnos.

 

 

 

Como podedes comprobar, os vosos coches están nas mellores mans!!!

 

Juan Carlos Romero