Cuadro de texto: Biografía
Nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910, fillo de emigrantes, veu de neno a Galicia. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.
De 1931 a 1936 exerceu como avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en 1937 puido exiliarse a Bos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano. Publica o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición (1937).
Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como a Losada; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos, etc.). Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.

Cuadro de texto: 2010. CENTENARIO DE LUÍS SEOANE

Equipo de Normalización

Ies de fene

Cuadro de texto: Decembro de 2010

Boletín Número 8

Boletín informativo

Biografía

 

1

Obra       pictórica

2

Obra     literaria

3

 

 

Exemplar subvencionado pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, Consellería de Educación e O. U.

Cuadro de texto: Luís Seoane López, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego.

Regresou a España en 1960. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia entre América e Galicia. Morreu na Coruña o 5 de abril de 1979.