Pagina nueva 1

Era un monarca dun florecente reino que tiña acadado unha idade avanzada. Soubo
que había un sabio iogui meditando nun dos bosques próximos ao palacio e fíxoo
chamar.
-Por lo que teño entendido –díxolle-, ti es un home piadoso, e o teu rei pídeche
que tomes esta cana de bambú e que recorras todo o reino con ela. Direiche o que
tes que facer. Viaxarás de cidade en cidade, de pobo en pobo e de aldea en
aldea, e cando atopes á persoa que consideres máis parva, faslle entrega de esta
cana.
O iogui púxose en camiño levando consigo a cana de bambú. Viaxou sen descanso
durante moitos meses e entrou en moitas cidades e pobos e coñeceu mucha xente.
Pero como ningunha das persoas que se cruzaron no seu camiño lle pareceu a máis
parva, decidiu regresar á corte coa cana. Segundo chegou a palacio tivo noticias
de que o rei estaba enfermo, na antesala dunha morte inexorable. Acudiu apresa
ao leito do moribundo. O monarca, entre estertores, a voz quebrada, lamentábase
deste modo:
- ¡Qué desgraciado son, qué terriblemente desgraciado! Toda a miña vida
acumulando enormes riquezas e ¿qué farei agora para levalas comigo? ¡Non quero
deixalas, non quero deixaras!.
O iogui comprendeu entón a quen había de entregar a cana.
|