Pagina nueva 2

Un mestre da
sabedoría paseaba por un bosque co seu fiel discípulo, cando viu ao lonxe un
sitio de aparencia pobre, e decidiu facer una breve visita ao lugar. Durante la
camiñada comentoulle ao aprendiz sobre a importancia das visitas, tamén de
coñecer persoas e as oportunidades de aprendizaxe que temos destas experiencias.
Chegando ao lugar
constatou a pobreza do sitio, os habitantes eran unha parella e tres fillos, a
casa de madeira, vestidos con roupas sucias e rachadas sen calzado. Entón
aproximouse ao home, aparentemente o pai de familia e preguntoulle: "Neste lugar
non existen posibilidades de traballo nin puntos de comercio tampouco, ¿como fan
vostede e a súa familia para sobrevivir aquí?" O home pausadamente respondeu:
"amigo meu, nós temos unha vaquiña que nos dá varios litros de leite tódolos
días. Unha parte do producto vendémolo ou cambiámolo por outros alimentos na
cidade veciña e coa outra parte producimos queixo, callada, etc., para o noso
consumo e así é como vamos sobrevivindo”.
O sabio agradeceu
a información, contemplou o lugar por un intre. Logo despediuse e foise. Na
metade do camiño, volveuse cara ao seu fiel discípulo e ordenoulle: "busca a
vaquiña, lévaa a aquel precipicio e empúxaa ao barranco."
O mozo espantado
mirou cara ao mestre e cuestionoulle sobre o feito de que a vaquiña era o medio
de subsistencia de aquela familia. Máis como percibiu o silencio absoluto do
mestre, foi a cumprir a orde. Así que empuxou a vaquiña polo precipicio e viuna
morrer. Aquela escena quedou gravada na memoria de aquel mozo durante algúns
años.
Un bo día o mozo
inquedo pola culpa resolveu abandonar todo o aprendido, regresar a aquel lugar e
contarlle todo á familia, pedir perdón e axudalos. Así o fixo, e a medida que se
aproximaba ao lugar vía todo moi bonito, con árbores floridas, todo habitado,
cun coche no garaxe dunha tremenda casa e algunhas criaturas xogando no xardín.
O mozo sentiuse triste e desesperado imaxinando que aquela humilde familia
tivese que vender o terreo para sobrevivir, acelerou o paso e chegando alí, foi
recibido por un home moi simpático. O mozo preguntou pola familia que vivía alí
uns catro anos atrás. O home respondeu que seguían vivindo alí. Espantado o mozo
entrou correndo á casa e confirmou que era a mesma familia que visitou uns anos
antes co mestre. Elixiu o lugar e preguntoulle ao home (o dono da vaquiña):
"¿Cómo fixo para mellorar este lugar e cambiar de vida?" O home entusiasmado
respondeulle: "nós tiñamos unha vaquiña que caeu polo precipicio e morreu; a
partires de aí vímonos na necesidade de facer outras cousas e desenvolver outras
habilidades que non sabíamos que tiñamos, así acadamos o éxito que os teus ollos
vislumbran agora.
"Todos nós temos
unha vaquiña que nos proporciona algunha cousa básica para a nosa supervivencia
que é unha convivencia coa rutina: FAINOS DEPENDENTES, E O MUNDO REDÚCESE AO QUE
A VAQUIÑA NOS BRINDA".
|